VIGO
Concentración 20D
Compañeir@s: o xoves 16, no auditorio da parroquia Cristo da Victoria (Coia), tivemos a presentación do MODEPEN en Vigo. Neste acto contamos coa presenza e colaboración de Ferrán López, membro da MAREA PENSIONISTA de Barcelona, un dos grupos máis activos do estado na reivindicación dos dereitos d@s pensionistas, que nos informou das experiencias e accións que teñen realizado en Cataluña.
Carta dirixida por Modepen Vigo as centrais sindicais: CIG, CC.OO., UXT, CGT, e CUT
Compañeiros e compañeiras da CIG, CC.OO., UXT, CGT, CUT: Somos un fato de xubilados e
xubiladas, aos que unha grande preocupación polo futuro das nosas pensións e as máis que
problemáticas pensións para os traballadores e traballadoras actuais e futuros, decidimos
organizarnos para difundir e concienciar sobre este grave problema a un número o máis
grande posible de traballadores e traballadoras aos que, normalmente os sindicatos non
chegan, por non ser afiliados na actualidade ou por outras razóns, pero que son necesarios
para actuar dende xa, co obxectivo de frear a intención da clase dominante de deixar
reducidas ditas pensións á mínima expresión, despoxándonos dun dereito fundamental para a
clase obreira.
Non é a nosa intención o competir de ningunha maneira cos sindicatos, que, pola súa
estrutura, están chamados a liderar esta loita. O que pretendemos é que todas as
organizacións obreiras sexamos plenamente conscientes de que só cunha acción unitaria
constante no tempo poderemos opoñernos á salvaxe e descarada ofensiva da dereita política e
económica. Neste sentido non minusvaloramos as acción concretas particulares de cada
organización, pero, para que teñan verdadeiramente efectividade, consideramos necesario, e
chegamos a esa conclusión, de que, aínda que pertenzamos a organización diferentes, non
existe entre nós ningunha discrepancia sobre o obxectivo de defender o noso sistema público
de pensións. Debemos aproveitar esta circunstancia.
Neste sentido, é a nosa vontade o colaborar en todas as acción que se promovan, pero
insistimos na idea de ser capaces de chegar a mobilizacións unitarias amplas e que abranguen
no espazo de tempo máis corto posible a todo o Estado, do contrario é obvio que
fracasaremos. A gravidade da situación ten que facer posible esta decisión. O tempo vai en
contra nosa.
Quedamos a vosa disposición para, se o considerades oportuno, manter unha reunión con
vós para o que decidades.