top of page

 

MANIFESTO

 

 

 

        O Movemento Galego pola Defensa do Sistema Público de Pensións (MODEPEN), é un colectivo composto por xubiladas e xubilados fondamente preocupados pola deriva que se está a producir no Sistema Público de Pensións. Estamos asociándonos para, de forma organizada, loitar contra as medidas antisociais tomadas ata agora polos gobernos claramente dirixidas á desaparición deste Sistema, e encamiñadas a favorecer plans de pensións privados para beneficio dos seus amigos da banca e das grandes aseguradoras, en prexuízo da clase traballadora que en moitos casos, se non lle poñemos remedio, nos levarán a subsistir coas axudas da beneficencia.

 

        Os pensionistas de hoxe e os de mañán, estamos diante dun acoso frontal contra o Sistema Público de Pensións. É dicir, contra un dos nosos dereitos históricos máis sensibles e necesarios para as familias traballadoras tanto por conta allea como autónomos.

 

        Con premeditada mala intención, por parte do máis granado do poder económico, banca e multinacionais fundamentalmente, vénse activando unha campaña mediática orientada a crear un estado de opinión social que dea por ben aceptado a inviabilidade económica do actual Sistema Público de Pensións. Buscan presentar diante da cidadanía, como inevitable, a privatización pura e dura das Pensións Públicas.

 

        Fanno así, porque por enriba do ben común colocan os seus particulares intereses, tal como sempre fixeron ó través da historia. Queren ampliar o seu negocio para seguir acumulando riqueza e poder de dominación social. De tal modo que servicios públicos como os da auga, limpeza, incluso certos servicios de seguridade xa son hoxe vítimas desa ambición privatizadora.

 

        Argumentan como causa das actuais dificultades económicas da propia Seguridade Social a baixa recadación resultante dos menores postos de traballo dos que hoxe dispón o conxunto da economía española. Asimesmo, recurren o tan manido argumento da baixa natalidade. Mentira sobre mentira. Por canto que o factor que realmente determina, en calqueira país, as posiblidades de finanzamento dos seus servicios públicos responde inequivocamente á capaciadade de riqueza que o conxunto de todo o seu entramado produtivo sexa capaz de xerar.

 

        Igual falto de rigor argumental está no que se achaca a baixa taxa de natalidade como outra das causas que merman a solvencia económica do Sistema Público de Pensións. Fai falta desfachatez pera manter semellante razoamento sociolóxico, cando máis do 50% da xuventude española está en situación de paro ou camiño da emigración.

 

        Vexamos: España dispón hoxe dun considerable nivel de riqueza (22.000 euros per cápita) co que poder atender de maneira máis que suficiente tódolos servicios públicos actuais. Só se precisa que se faga un reparto xusto de dita riqueza.

 

        O Fondo de Reserva creouse en 1997, pero foi no 2000 cando recibiu a primeira aportación. Ano a ano viñéronse aumentando os fondos ata chegar aos 66.815 millóns de euros en 2011. En 2012 o goberno sacou 7.003 millóns; en 2013 foron 11.648; en 2014 outros 15.300 e no 2015 foron 11.500 millóns de euros. Ao mesmo tempo, entre os anos 2012 e 2015, o goberno retirou dos excedentes das mutuas de accidentes de traballo outros 8.127 millóns de euros. A este ritmo de retirada de fondos calcúlase que para o 2019 a hucha das pensións quedará a cero. E isto coa ridícula e insultante revalorización do 0,25% anual.

 

        A todo o dito corresponde engadir que España mantense hoxe como o segundo país máis desigual de Europa dos 28. Boa mostra témola no dato referente ás gañanzas que as 20 maiores fortunas españolas acadaron entre o ano 2013 e 2014, onde incrementaron a súa riqueza en 15.450 millóns de euros e posúen tanta capacidade económica como o 30% máis pobre, 14 millóns de españois. Namentras para o 2016 os gastos de defensa, en términos reais, acadan unha cifra de 17.000 millóns de euros. No capítulo de fraude fiscal dos últimos anos apreciasen cantidades estimadas entorno ós 80.000 millóns de euros, ós que se poden sumar 61.000 millóns entregados á banca para o seu rescate. ¡Vaia se hai diñeiro!.

 

        Non resulta menos relevante os CATRO millóns de horas extras que cada semana se realizan en España sen que ós traballadores lles sexan pagadas o 58% das mesmas, e polo tanto tampouco cotizan á Seguridade Social o que ven a ser un fraude en toda regra. A iso contribúe a infame reforma laboral cos seus contratos de meses, semanas, dias e horas que, xunto ás amplas reduccións nas cotizacións concedidas á patronal por cada novo contrato realizado, producen unha considerable merma de ingresos en razón das cotas que deixan de ser aportadas á Seguridade Social, como tamén pola discriminación salarial entre homes e mulleres.

 

        O posible descuberto económico da Seguridade Social, ten doada solución, pero situase trincado pola perversa asociación de intereses entre élites económicas e políticas, cuestión que nada ten de novidosa, cando son precisamente os intereses de banqueiros, patronal e políticos afíns os que atenazan e se poden, estrangulan as fontes de financiacion da Seguridade Social. Esa é a forma natural e histórica coa que este ruín sistema capatalista ven actuando dende hai séculos e, día si e outro tamén, intenta pasarlle a factura das súas tropelías á clase traballadora. Entenden que para materializar a seu obxectivo privatizador convén acentuar o descuberto económico do Fondo Público de Pensións, para que así resulte máis asumible por unha cidadanía orfa da suficiente e rigorosa información sobre tan trascendente cuestión.

 

        Trátase primeiro de descapitalizar para despois privatizar. Nesa condición resúmese a estratexia da patronal e políticos acompañantes.

 

        Xubilados e xubiladas: por cuestión de dignidade histórica corresponde ter presente que non foi, en contra do que se poida crer, ningún goberno, patronal ou estado os que tiveron a iniciativa de organizar entidades de axuda mutua. Foi o espíritu solidario dos traballadores e traballadoras os que constituiron as primeiras agrupacións de socorros mutuos na historia, orientadas a socorrer as lacerantes situacións de enfermidade e paro que asolaban á sofrente clase laboriosa dos séculos dezaoito e dezanove, vítima da primeira revolución industrial burguesa. Daquel contexto histórico e daquelas experiencias, parten as raíces da Seguridade Social de hoxe.

 

        A clase traballadora nada lle debe a ninguha patronal nin goberno sobre o sostemento económico de tan esencial servicio social colectivo, sempre foio pagado e ségueno pagando os traballadores e traballadoras co seu esforzo produtivo día tras día e ano tras ano; pola contra, foron gobernantes como o chanceler alemán señor Bismarck os que se apropiron de tan impotante iniciativa obreira, e a puxo baixo o control e administración das institucións estatais. Todo para contento da gran patronal.

 

        Tanta ambición privatizadora, parte dunha folla de ruta perfectamente elaborada que os grandes xestores capitalistas xa puxeron en práctica na ditadura chilena dos anos setenta do século pasado. Hoxe continuan unha redoblada batalla por estender a experiencia sobre os máis amplos espacios sociolóxicos sometidos ó seu control.

 

        Xubilados e xubiladas de hoxe e de mañán: estamos diante dunha máis que ameaza económica e social contra os nosos dereitos e dignidade, polo que non se pode seguir agachando a cabeza frente a tanta inxustiza e tanta agresión social contra a sanidade, ensino, vivenda e, se lles deixamos, acabarán por darlle o golpe de gracia ó Sistema Público de Pensións. A ese tenebroso futuro nos levan se non lle plantamos cara.

 

        Trátase de organizarse e movilizarse por defender un dereito que en xustiza e dignidade nos corresponde, ós xubilados e xubiladas de hoxe e os que veñen detras. Outra cousa, de non facelo, sería traicionarnos a nós mesmos e ás xeracións futuras.

 

        Falamos dun colectivo solidariamente organizado, plenamente democrático, asembleario e participativo. Fóra de todo sometento a ningunha instancia partidaria, institucional ou patronal, pero abertos a máis estreita colaboración solidaria con todo colectivo humano disposto a defender consecuentemente a xustiza social e unha vida digna para toda a humanidade.

modepen
bottom of page